lunes, 21 de diciembre de 2009

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Un ano máis por estas datas entregamos co boletín de notas do trimestre unha guía con recomendacións de lecturas para o nadal.
Desde o Equipo da Biblioteca desexámosvos a tod@s unhas Felices Festas e un Ano Novo inmellorable.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Tódalas cancións dos Beatles

"El Correo Digital" deíxanos esta páxina tan marabillosa para que poidamos acceder a tódalas letras das cancións dos Beatles.

jueves, 12 de noviembre de 2009

CASTAÑATUNNIG SHOW

Hai que che ter imaxinación para facer todo isto cunha castaña...
Noraboa rapaces!

lunes, 9 de noviembre de 2009

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O venres día 30 de outubro celebramos "O Samaín" na biblioteca do cole. Preparamos un recuncho no que había unha caixa para que os nenos/as deixaran os seus medos, a través de debuxos feitos por eles, para facer despois con eles o "Gran libro do medo".
Tiñamos exposta información sobre o Samaín e cada grupo que pasaba pola biblioteca a ía lendo.





Así quedou "O Gran Libro do Medo"

domingo, 1 de noviembre de 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

CHA - CA - PUN
Para celebrar un ano máis "O Día das Biliotecas Escolares", os días 27 e 28 de outubro mestres do equipo da biblioteca, de normalización lingüística e de voz natura fixemos sesións de contacontos.
Aos nenos/as de E. Infantil, Cani contoulles unha adaptación do conto dos "Sete Cabritiños" e "Tanito e a Bruxa".


En Primaria os nenos/as participaron nunha sesión de contacontos, adaptación do conto de "Cha-Ca-Pun".


CHA - CA - PUN (1ª parte)




CHA - CA -PUN (2ª parte)

Montaxe fotográfico da actuación

miércoles, 14 de octubre de 2009

Abrimos a biblioteca un curso máis

Un curso máis abrimos a bilioteca, para que os alumn@s disfruten dela.
Moitos destes alumnos estrenan o novo formato de carnet.
Desde a biblioteca xa estamos a preparar actividades para "O día internacional das bibliotecas escoolares.
Seguiremos en contacto con todos por medio do Blog.

domingo, 6 de septiembre de 2009

Operación Pandemia

Neste comezo de curso, a xente anda máis preocupada pola gripe A, que polo curso en sí, sen embargo ¿debemos estar tan preocupados?
Este documental pódenos aclarar bastante sobre a gripe A.
Por certo case se me esquecía, ¡Bo comezo de curso!

domingo, 28 de junio de 2009

FESTIVAL FIN DE CURSO 2008/09

THE ENGLISH CLASS

LA VERBENA DA LA PALOMA

A RATIÑA PRESUMIDA

FOTO FIN DE CURSO

UNHA BRANCANEVES ESPECIAL

A QUINTA ESTACIÓN

ENGLISH MIX

ELA, ELA

AÍ VÉN O MAIO

CURROS FASHION SHOW (1ª parte)

CURROS FASHION SHOW (2ª parte)

O CARACOL

RONDALLA

viernes, 12 de junio de 2009

Fotos para recordar un curso cheo de ledicia

Un cole de nenos felices

Un recordo para os alumnos de 6º

A viaxe a Cataluña

Despedida homenaxe dos alumnos de 6º

sábado, 23 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009

Aquí encontraredes dous vídeos que recollen as algunhas das actividades feitas con motivo do Día das Letras Galegas, este ano adicado ó escritor e xornalista Ramón Piñeiro

Os peques e as Letras Galegas

III Premio de Poesía "Letras Galegas" (1ªparte)

III Premio de Poesía "Letras Galegas" (2ª parte)

jueves, 21 de mayo de 2009

Mario Benedetti o Poeta de todos/as


Mario Benedetti aínda que se nos foi, deixounos poemas tan bonitos coma este:

Pasatiempo

Cuando éramos niños
los viejos tenían como treinta
un charco era un océano
la muerte lisa y llana
no existía.

Luego cuando muchachos
los viejos eran gente de cuarenta
un estanque un océano
la muerte solamente
una palabra.

Ya cuando nos casamos
los ancianos estaban en cincuenta
un lago era un océano
la muerte era la muerte
de los otros.

Ahora veteranos
ya le dimos alcance a la verdad
el océano es por fin el océano
pero la muerte empieza a ser
la nuestra.

martes, 19 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009

O venres 15 de Maio celebramos no cole o "Día das letras Galegas".
Os nenos de sexto curso viron a primeira hora da mañá, unha presentación Sobre Ramón Piñeiro, que deixou Maria do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia a disposición de todos/as nos desinteresadamente.
Despois do recreo fixemos o III Certame Literario de Poesía.
Na seguinte presentación podedes ve-las poesías gañadoras.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Olimpiada do saber

O mes pasado comezamos a II Edición da Olimpiada do Saber cos nenos de sexto curso.
Como xa sabedes consiste nunha serie de probas que teñen que resolver por equipos, compostos de tres ou catro alumn@s , diaria e semanalmente polas que obteñen puntos. As probas consisten en resolver enigmas e preguntas.Poderán buscar as respostas empregando distintas fontes de información: libros temáticos, enciclopedias, internet ...
Os tres equipos que acaden máis puntos recibirán distintos agasallos.


CONCURSO DE POESÍA

Dende a Biblioteca e en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística promoveuse o III Certame Poético.
Estas son as bases do concurso



O 15 de Maio faremos un recitado das poesías gañadoras xunta con outras elaboradas nas clases de Educación Infantil e entregarase ós gañadores como premio, libros de poesía .

DÍA DO LIBRO






O día 23 celebramos "O Día do Libro" con distintas actividades:
- Lectura en voz alta do libro "Matilda" de Roald Dahl, cos nenos de 6º curso na biblioteca.
- Lecturas nas aulas de contos infantís.
- Entrega de marcapáxinas e pequenos caderniños coa portada de libros ós nenos que se achegaron á biblioteca na hora do recreo.
- Elaboración de marcapáxinas nas aulas, a partir dun modelo coa figura da mascota da biblioteca.





jueves, 23 de abril de 2009

TEATRO NO COLEXIO

Onte no colexio estivo o grupo de teatro Babaluba, que nos representou a obra "Lume".
A obra asistiron os nenos de infantil e os de primeiro ciclo de primaria.




lunes, 23 de marzo de 2009

Día da Poesía

Hoxe, 23 de Marzo, celebramos "O Día da Poesía", con recitado de poemas por nenos do centro que viñeron voluntariamente á biblioteca na hora do recreo.

Uxía de cuarto curso de Primaria, deixounos a seguinte poesía creada por ela:

Campá campaíña,
que soas tan lonxe,
a túa musiquiña
ven de Monforte.

¡Sumerxícheste na auga!
pero antes de bucear
hai que aprender a nadar.

martes, 17 de marzo de 2009

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa a nosa biblioteca encheuse de todo tipo de xornais (deportivos, nacionais, rexionais...) e revistas variadas aparte das que hai habitualmente.
Algúns cursos utilizaron a "Hora de Ler" para ir á biblioteca a ler os xornais e as revistas. Outros usaron a hora que lles corresponde de biblioteca. Outro momento que se aproveitou para este fin foi a hora do recreo.


Alumnos lendo os xornais na biblioteca

lunes, 16 de marzo de 2009

CONTO VIAXEIRO

Este ano decidimos darlle vida á mascota da biblioteca, Pepón. Para eso puxemos en macha a aventura do conto viaxeiro que comezou polos máis cativos e acabará nos máis grandes. Cada semana Pepón fará unha visita por aula e os nenos crearán unha historia sobre a súa vida. Neste momento xa está no primeiro ciclo. Deixámosvos unha mostra desta viaxe.


lunes, 9 de marzo de 2009

Xuntanza escolar en homenaxe a Curros

Os alumnos de 6º curso do CEIP Curros Enríquez particitamos nunha xuntanza con outros colexios de Galicia para clausurar as celebracións do Centenario de Curros. Durante a convivencia celebramos un recital literario no que interpretamos a canción O MAIO na versión de L.E. Batallán.

viernes, 27 de febrero de 2009

Entroido 2009

O día 20 de febreiro celebramos no Centro a Festa do Entroido:
disfraces, carautas, bailes, cancións e chocolatada

para ledicia de toda a comunidade escolar.

Durante toda a semana o MECO estivo facendo das súas.

O MECO DI:
A continuación atoparás
os vídeos máis divertidos do Entroido

Clavelitos

Os mestres da tuna deron un recital!!!

A galiña Turureca

Aí volve esa tuna eh, eh!!!

O baile da vasoira

Os nenos de 3º Ciclo tentan desfacerse da vasoira para seguir bailando

A Bomba

Os nenos de 2º Ciclo son a Bombaaaaa!!!

A conga

A conga de 1º ciclo estivo animada

O baile dos parvuliños

Os peques divírtense

miércoles, 11 de febrero de 2009

Día da Paz

Para celebrar o "Día da Paz", preparamos as seguintes actividades:
Todo o colexio preparou a canción "Non dubidaría", na cal os nen@s de 4º, 5º e 6º tocaron as frautas, algúns tocaron instrumentos de percusión de altura determinada e dúas alumnas axudáronnos co violín e co clarinete.
Despois desta grande actuación, varios alumn@s recitaron unha poesía en varios idiomas (castelán, inglés, rumano e galego). Algúns cursos encargáronse de preparar murais con estes poemas, os cales están expostos na entrada do colexio.
Outra actividade que fixemos foi o "Tren da Paz", na que cada curso preparou un vagón con cousas relacionada a este día.
Todo isto o podedes ver nas seguintes presentacións.

Poesía da Paz

martes, 27 de enero de 2009

Poemas de Nadal

Merry Christmas

VEO, VEO

No pendello

Tenía tanto que darte

Es la Navidad

Camp Rock

Gatatumba

martes, 20 de enero de 2009