sábado, 23 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009

Aquí encontraredes dous vídeos que recollen as algunhas das actividades feitas con motivo do Día das Letras Galegas, este ano adicado ó escritor e xornalista Ramón Piñeiro

Os peques e as Letras Galegas

III Premio de Poesía "Letras Galegas" (1ªparte)

III Premio de Poesía "Letras Galegas" (2ª parte)

jueves, 21 de mayo de 2009

Mario Benedetti o Poeta de todos/as


Mario Benedetti aínda que se nos foi, deixounos poemas tan bonitos coma este:

Pasatiempo

Cuando éramos niños
los viejos tenían como treinta
un charco era un océano
la muerte lisa y llana
no existía.

Luego cuando muchachos
los viejos eran gente de cuarenta
un estanque un océano
la muerte solamente
una palabra.

Ya cuando nos casamos
los ancianos estaban en cincuenta
un lago era un océano
la muerte era la muerte
de los otros.

Ahora veteranos
ya le dimos alcance a la verdad
el océano es por fin el océano
pero la muerte empieza a ser
la nuestra.

martes, 19 de mayo de 2009

Letras Galegas 2009

O venres 15 de Maio celebramos no cole o "Día das letras Galegas".
Os nenos de sexto curso viron a primeira hora da mañá, unha presentación Sobre Ramón Piñeiro, que deixou Maria do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia a disposición de todos/as nos desinteresadamente.
Despois do recreo fixemos o III Certame Literario de Poesía.
Na seguinte presentación podedes ve-las poesías gañadoras.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Olimpiada do saber

O mes pasado comezamos a II Edición da Olimpiada do Saber cos nenos de sexto curso.
Como xa sabedes consiste nunha serie de probas que teñen que resolver por equipos, compostos de tres ou catro alumn@s , diaria e semanalmente polas que obteñen puntos. As probas consisten en resolver enigmas e preguntas.Poderán buscar as respostas empregando distintas fontes de información: libros temáticos, enciclopedias, internet ...
Os tres equipos que acaden máis puntos recibirán distintos agasallos.


CONCURSO DE POESÍA

Dende a Biblioteca e en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística promoveuse o III Certame Poético.
Estas son as bases do concurso



O 15 de Maio faremos un recitado das poesías gañadoras xunta con outras elaboradas nas clases de Educación Infantil e entregarase ós gañadores como premio, libros de poesía .

DÍA DO LIBRO






O día 23 celebramos "O Día do Libro" con distintas actividades:
- Lectura en voz alta do libro "Matilda" de Roald Dahl, cos nenos de 6º curso na biblioteca.
- Lecturas nas aulas de contos infantís.
- Entrega de marcapáxinas e pequenos caderniños coa portada de libros ós nenos que se achegaron á biblioteca na hora do recreo.
- Elaboración de marcapáxinas nas aulas, a partir dun modelo coa figura da mascota da biblioteca.