jueves, 26 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas levamos a cabo os seguintes actos: proxección dunha curtametraxe sobre a biografía de Lois Pereiro, lectura das poesías premiadas no V Certame Literario e entrega de premios e posta en escea da peza teatral "O arco da vella", a cargo do grupo de teatro do centro.
Neste enlace veredes a curtametraxe: http://vimeo.com/23864064
Aquí podedes ver a presentación e o vídeo das poesías premiadas.


miércoles, 25 de mayo de 2011

XORNADA CONTACONTOS

Onte martes, 24 de maio, gozamos no Curros dunha xornada de contacontos por parte das Tres Xemelgas.

Pola mañá o alumnado de Infantil, primeiro e segundo ciclo de Primaria vivíu as aventuras e desventuras da Cebra Camila.







Pola tarde os/as alumnos/as de 6º curso deron A volta ó mundo en oitenta días.

As xemelgas fixeron unha fermosa viaxe arredor do mundo e ían deixando pistas para que @s rapaces/as adivinaran os países e as cidades que visitaban .





jueves, 19 de mayo de 2011

IV CERTAME DE TEATRO DE BANDE

O 18 de maio, os nenos e nenas do grupo de teatro do noso cole participaron no "XVI encontros de teatro escolar e amateur", que se celebrou no CEIP Xoaquín Lourenzo de Bande, organizado por dito concello.
A obra que representaron titúlase "O Arco da Vella" e tivo unha gran acollida entre o público.
Queremos agradecer ao colexio de Bande a gran acollida que nos deron.

miércoles, 11 de mayo de 2011

XORNADA DE CONVIVENCIA

Hoxe, día 11 de maio, o alumnado de 6º curso participa nunha xornada de convivencia que organiza a Fundación Curros Enríquez.

A mañá centrarase no coñecemento da vila de Celanova e da figura de Manuel Curros Enríquez coas seguintes actividades:
- Visita da Casa dos Poetas.
- Recepción dos catro centros participantes no Auditorio Municipal de Celanova.
- Visita da Casa dos Poetas e ao Mosteiro de San Rosendo.
- Saída a pé cara o Cristal cos outros centros.
- Xantar campestre de confraternización no Cristal, zona arredor da capela da Virxe.

A tarde estará dedicada ao coñecemento da poesía de Manuel Curros Enríquez e dos arredores de Celanova, as actividades serán as seguintes:
- Actividade con títeres centrada no poema "A Virxe do Cristal" de Manuel Curros Enríquez da man da compañía "Teatro Viravolta", na que se poderá coñecer a imaxe da virxe en persoa no mesmo lugar onde foi atopada.



lunes, 9 de mayo de 2011

LIBRO CRIATURAS

O venres, día 27 de maio, ás 12:00 horas, preséntase no auditorio de Celanova o libro "Criaturas" escrito e ilustrado polos nenos/as de 6º curso do colexio.
Haberá un escritor apadriñando o libro.
Acudirán todos/as alumnos/as do colexio.
Haberá diversas sorpresas.
Esperámosvos a todos.

Aquí está a portada do libro e unha foto porque no apadriñamento lector os nenos/as de 6º o utilizaron para lerlles os contos aos de 2º.

viernes, 6 de mayo de 2011

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Como este ano o Día do Libro coincidíu coas vacacións de Semana Santa decidimos celebralo o día 6 de Maio. Finalmente celebrámolo o día 5 aproveitando que a TVG viña gravar ó colexio, xa que nos pareceu unha actividade moi interesante para compartir con todo o mundo.
A actividade "Apadriña un lector" consistíu na lectura dun conto por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo ó alumnado de 1º ciclo e infantil.
Cada neno/a leu o seu conto, que elixíu previamente na Biblioteca do centro, a un ou dous nenos/as pequenos/as, facendo cambio de emparellamentos no caso de rematar antes de tempo.
Déixamosvos a continuación unha montaxe que fixemos desta actividade.

domingo, 1 de mayo de 2011

MÚSICA PINTADA

Grazas a unha compañeira do PLAMBE atopamos este marabilloso vídeo, que mestura música e pintura. Esperemos que vos guste.