jueves, 23 de noviembre de 2017

Temos tamén código QR

Para facilitarvos a entrada ás Redes Sociais aquí vos deixamos o código QR da nosa biblio. Só tendes que escanealo e poñervos a navegar...


25 de novembro : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO II




Un marabilloso conto de Adela Turín para traballar co alumnado a igualdade de xénero:

25 de novembro : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO I



Despois da reflexión sobre o uso da linguaxe e da necesidade de evitar o sexismo nas nosas conversas, escritos etc.  toca mirar para os fogares dos nenos e nenas do Curros e comprobar se hai tarefas propias de mulleres  ou de homes ou se, pola contra, todos na familia deben colaborar para buscar o ben común independentemente da actividade a realizar.
Nenos e nenas, botade un ollo e respostade: xénero feminino o xénero masculino? home ou muller? mamá ou papá? ou quizais... os dous o fan!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

O día que non debería existir, e as palabras que existen e non se usan



Algunha vez vos resultou estrano escoitar a alguén falar de unha persoa empregando a palabra que non é? Por exemplo, mirade esta situación: