lunes, 30 de abril de 2018

Así foi a Semana do Libro

Amigos e amigas da biblio: 
Nesta entrada faremos un breve resumo de tódalas actividades que se fixeron durante estes intensos días de abril para conmemorar o Día do Libro.

20 de abril do dezaoito
Nesta data tan querida polos mestres/as que adolescentaban aló polos noventa, déronse os premios  do concurso "Busca a resposta". Tamén se tivo un detalliño con tódolos que participaron para que non se desanimen e vaian a por todas na edición do ano que vén.




23 de abril
Un ano máis levouse a cabo o "Apadriña un lector" no que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º lle leu contos aos de infantil, 1º e 2º curso.







24 de abril
Eli Ríos estivo no colexio falándonos de María Victoria Moreno, léndonos historias  e animándonos a escribir as nosas propias aventuras.



25 de abril
Como as mamás contan moito, os nenos de infantil, 1º e 2º tiveron a tremenda sorte de escoitar fermosos historias agasalladas polas valentes supermamás: Eva, Rosa, Sandra, Rebeca, Ana e Mónica. Desde a biblio queremos darlle as grazas por participar.





23, 26 e 27 de abril
Primeira edición do programa "Entrevistas na biblio".  No noso centro temos a tremenda sorte de contar con tres mestres escritores, eles foron os protagonistas desta actividade.






No hay comentarios: